Dende 1995, a nosa firma ten desenrolado unha intensa actividade nos eidos do Dereito Tributario e Mercantil. Coa sucesiva incorporación de profesionais de recoñecido prestixio, e a absorción doutros despachos de longuísima tradición na comunidade galega, o noso ámbito de actuación foise ampliando a outras áreas do Dereito e da xestión empresarial.
Hoxe podemos dicir que Xestadem é un referente no asesoramento integral de empresas, dende todos os campos do Dereito, o que supón que a nosa visión das operacións teña a necesaria amplitude de miras para levalas a bo fin.
O recoñecemento ao noso labor profesional víuse avalado coa firma de diversos acordos de colaboración con entidades de recoñecido prestixio no sector financeiro e de seguros, que complementa a oferta de servizos que prestamos.
Atoparasnos na Rúa Real 1º - 2º. A Coruña