O aviso legal da nosa Páxina Web, afecta ós seus dereitos, polo que debería lelo detidamente, do mesmo xeito que a nosa Política de Privacidade e outros termos mencionados neste espazo.
1. Aspectos xerais
As presentes disposicións regulan o uso de páxina web (en diante, a “Páxina”) que Xestadem S.L (en diante, “XESTADEM”) pon a disposición dos usuarios de Internet.
XESTADEM, ten o seu enderezo social na Rúa Real, 1, 2º, 15003 A Coruña, España, CIF: B-15500549, e está inscrita no Rexistro Mercantil de A Coruña, Tomo 2.718 do arquivo sección xeral, folio 29 folla n° C-31.004, inscrición 1ª.
O acceso á Páxina é gratuíto coa excepción do custo da conexión a través da rede de telecomunicacións contratada polos usuarios.
Os servizos xurídicos ou fiscais que presta XESTADEM teñen o prezo estipulado por orzamento personalizado axustándose ao estudo do caso concreto, estes servizos nunca se ofrecen a través da Páxina.
Estas condicións xerais de utilización da Páxina, así como calquera outra condición que para ese efecto se poida establecer, teñen por finalidade a regulación e información ós usuarios dos servizos que presta XESTADEM, e a propia regulación do uso da Páxina.
A navegación e/ou a utilización dos servizos da Páxina supoñen a aceptación como usuario, e sen reservas de ningún tipo, de todas as condicións xerais da súa utilización, así como de calquera outra condición que se poida establecer a través da Páxina.
Reservámonos a modificar os presentes Termos, informando previamente ós usuarios dos cambios que se produzan mediante a publicación nesta mesma Páxina, polo que, o usuario debe ler detidamente o Aviso Legal.
2. Os seus Datos
Os Datos Persoais facilitados por vostede serán tratados conforme ao establecido na Política de Privacidade, dispoñible nesta Páxina.
3. Titularidade e Propiedade Intelectual e Industrial
XESTADEM por si ou como cesionaria, é titular de todos os dereitos de Propiedade Intelectual e Industrial da súa páxina web, así como os elementos contidos no mesmo:
O código fonte, os deseños gráficos, as imaxes, os textos, audio, vídeo, os logotipos e combinacións de cores, a estrutura e o deseño son Propiedade Intelectual de XESTADEM. Así mesmo, están expresamente prohibidas a reprodución e/ou publicación, total ou parcial, da Páxina, o seu tratamento informático, a súa posta a disposición de terceiros, a súa distribución, a súa comunicación pública, a súa modificación ou transformación, sen o permiso previo e autorización por escrito de XESTADEM.
Como regra xeral, o Usuario, pode utilizar, única e exclusivamente, o material que apareza na Páxina para o seu uso persoal e privado, ficando prohibido o seu uso con fins comerciais ou, en calquera caso, para incorrer en actividades contrarias á lei.
O Usuario comprométese a respectar os dereitos de Propiedade Intelectual aquí recolleitos.
No caso de que XESTADEM fose advertida de que foron infrinxidos os dereitos de Propiedade Intelectual desta Páxina, XESTADEM comprométese a requirir a identidade dos Usuarios implicados para tratar de establecer responsabilidades.
4. Uso da Páxina
O Usuario obrígase a facer un uso adecuado da Páxina de conformidade coa Lei e o presente Aviso Legal. O Usuario deberá responder fronte a XESTADEM ou fronte a terceiros os danos e perxuízos que puideran producirse como consecuencia do incumprimento da devandita obrigación.
Fica expresamente prohibido o uso da Páxina con fins lesivos aos intereses de XESTADEM, de terceiros ou de calquera outra forma que danen ou inutilicen as redes, servidores e demáis equipos informáticos (hardware) de XESTADEM ou de terceiros.
5. Xurisdición e lexislación aplicable
XESTADEM, fará uso das accións civís ou penais que por lei lle corresponda, ante calquera utilización indebida da Páxina. Os litixios que puidesen xurdir en relación a este dominio rexeranse unicamente polo dereito español, someténdose aos Xulgados e Tribunais competentes na provincia da Coruña.